Linguas : Gl Es

Cambio de sede: Campionato Galego de Saltos 2026

Cambio de sede: Campionato Galego de Saltos 2026

Tras unha reunión mantida entre o Comité de Saltos, xefes de pista nacionais e representantes dos xuíces galegos, desígnase como nova sede o Club Hípico El Alazán, que acollerá o campionato entre os días 18 e 23 de agosto, comprometéndose a garantir todos os medios e infraestruturas necesarios para a súa realización.

Desde a Federación Hípica Galega (FHG) queremos agradecer expresamente a excelente disposición do Club Hípico Marco das Pías —sede da pasada edición en 2025— e do Club Hípico El Alazán para acoller o Campionato.

Somos conscientes de que este cambio se comunica a pouco máis dun mes da celebración, polo que queremos transmitirvos as nosas máis sinceras desculpas polas molestias que esta modificación vos puidese causar.

Quedamos á vosa enteira disposición para calquera dúbida ou consulta.

Boletín informativo

Suscribirse ao noso boletín para recibir novas importantes

Cookie settings
Configuración de cookies