A Asociación del Deporte Español (ADESP) concedeu a RFHE novamente becas para realizar a formación de Alto Rendemento Dixital.
Alto Rendemento Dixital é un programa formativo ou curso para que a comunidade deportiva mellore as súas capacidades en dixitalización, innovación e tecnoloxía, así como en habilidades, cultura e estratexia de xestión de proxectos.
Ofrece unha titulación universitaria da Universidade Rey Juan Carlos que ten unha certificación de Experto (para quen dispoña dunha formación universitaria previa) ou unha certificación de Extensión Universitaria (para quen non dispoña de dita formación). Eso significa que, co único requisito de ser maior de 16 anos, por elo moitos poderán acceder a esta formación.
Xa se celebrou unha primeira edición e vaise a iniciar en setembro unha segunda edición na que queremos que teña prioridade de acceso a estas becas o persoal ligado as FFAA no desempeño das súas funcións: directores técnicos, entrenadores dos equipos territoriais das diferentes disciplinas, deportistas de Alto Nivel, etc.