Linguas : Gl Es

Novas

Convocatoria de axudas PR945C para 2021 – Información de interese para Clubs

04 Dec, 2020

A Subdirección Xeral de Plans e Programas da Xunta de Galicia considerando e avaliando o excepcional momento no que nos atopamos, está xa en disposición de adiantar os principais aspectos que terá en conta a convocatoria en orde a reverter e mitigar, no máximo posible, as consecuencias que a pandemia ven de ocasionar no tecido deportivo galego, elo sen prexuízo claro está, dos axustes que finalmente se deban de producir aos efectos da súa final publicación.

Ler máis

Petición Campionatos Galegos 2021

03 Dec, 2020

Informamos a todos os Comités Organizadores interesados en realizar os Campionatos Galegos 2021 das distintas disciplinas, que deben presentar as súas candidaturas por escrito ante a Federación Hípica Galega antes do 10 de decembro para a súa proposta e aprobación na Asemblea Xeral que se celebrará proximamente.

Ler máis

Convocatoria "Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais". Tempada 19/20

23 Nov, 2020

Unha tempada máis a Fundación VIDE pon en marcha a convocatoria de “Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de  Modalidades Deportivas Individuais”.

Estas axudas van destinadas ao fomento da práctica deportiva e teñen coma  finalidade a aposta polo deporte de base da cidade e o apoio as disciplinas nas que prima a competición individual.

Bases – aquí

Documentación necesaria para a súa presentación telemática ([email protected]) ata o día  3 de decembro de 2020 – aquí


Ler máis

Comité Técnico Nacional de Xuíces

19 Nov, 2020

Hoxe realizouse a elección, mediante votación, dos seis xuíces que formarán o Comité Técnico Nacional de Xuíces (CTNJ) e comprácenos compartir con todos vós que o noso representante, Don Enrique Sobral Rodriguez, xuíz proposto pola Federación Hípica Galega, saíu electo sendo o que conseguiu o máis amplo respaldo. Enorgullecémonos diso e queremos darlle a nosa máis sincera noraboa. 

De acordo co previsto publicamos a acta certificada da votación para a composición do CTNJ a elixir entre as FFAA. - Aquí

Ler máis

Entrevista en A Revista da TVG

02 Mai, 2020

Os cabalos precisan sair a pasear e adestrarse. Entrevista ao Presidente da Federación no programa "A Revista" da Televisión de Galicia.

"A Revista" TVG,  a entrevista comeza no minuto 59.46- aquí

Ler máis

Entrevista Faro de Vigo

25 Abr, 2020

Entrevista do Faro de Vigo ao Presidente da Federación Hípica Galega .

"La Federación Hípica Gallega reclama figurar entre las actividades deportivas a las que se levante ya las restricciones" - Aquí

Edición do venres 24 de abril de 2020

Ler máis

Boletín informativo

Suscribirse ao noso boletín para recibir novas importantes

Cookie settings
Configuración de cookies