Linguas : Gl Es

Novas

Convocatoria reunión “Planificación Tempada Doma Clásica 2023”

Convocatoria reunión “Planificación Tempada Doma Clásica 2023”

01 Dec, 2022

A vogalía de Doma Clásica da Federación Hípica Galega convoca a todos os clubs e deportistas interesados á reunión da planificación da próxima tempada o vindeiro luns 12 de decembro ás 18:00 h. na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día: 

 

 

Ler máis
Información importante cabalos de competición 2023

Información importante cabalos de competición 2023

29 Nov, 2022

Lembrámoslles que de cara ao próximo ano 2023 e co fin de continuar profundando na maior sistematización posible dos datos dos nosos cabalos federados e o seu control nas competicións, será necesario para aqueles cabalos que non dispoñan de Pasaporte FEI, a información relativa á súa Tarxeta de Validación Deportiva (TVD). 

 

Ler máis
Gala Hípica Galega 2022

Gala Hípica Galega 2022

13 Nov, 2022

Comprácenos comunicarlles que a Federación Hípica Galega retoma a Gala Hípica na súa edición número 25.

A Gala Hípica Galega celebrarase o 26 de novembro de 2022 as 19:30 horas en PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos) situado no peirao de transatlánticos da Coruña.

Ler máis
Elaboración do Calendario Nacional e Territorial 2023

Elaboración do Calendario Nacional e Territorial 2023

10 Nov, 2022

1ª publicación 19/09

Dada a necesidade de elaborar o calendario nacional e territorial de competicións para 2023, rogámoslles que nos envíen coa maior celeridade posible e antes do día 30 de novembro, os concursos nacionais e territoriais das diferentes disciplinas que teñan previsto realizar no próximo ano.

Ler máis
Convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria FHG

Convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria FHG

10 Nov, 2022

Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria, a celebrar no domicilio social da Federación Hípica Galega, situado na Casa do Deporte na rúa Fotógrafo Luís Ksado, nº 17 de Vigo, o día 25 de novembro de 2022, ás dezaoito horas en primeira convocatoria e ás dezaoito trinta horas en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do día:

1º Elección Presidente Federación Hípica Galega.

2º Elección Comisión Delegada Federación Hípica Galega.

Lembrámoslle que non cabe representación nestes estamentos.

Ler máis
Campionato de España de Novos Xinetes de Salto – Vejer de la Frontera (Cadiz) do 5 ao 9 de outubro de 2022

Campionato de España de Novos Xinetes de Salto – Vejer de la Frontera (Cadiz) do 5 ao 9 de outubro de 2022

10 Out, 2022

O xinete galego Diego Ramos Maneiro conseguiu revalidar o seu título de Campión de España de Novos Xinetes nunha final a dúas mangas disputada por dez binomios na pista verde principal das instalacións hípicas de Montenmedio. Montando ao experimentado cabalo de quince anos ‘Texas de Trebompe’ (GinTonicStar x Loutano) sumou oito puntos na primeira manga. Con todo, as derribas foron unha constante neste percorrido, o que lle permitía afrontar a segunda manga entre os tres xinetes de cabeza, xunto a Ignacio Astolfi e Pilar Mateos de Urbina, todos eles con estes mesmos puntos no seu contador. Así, Ramos marcouse unha excelente segunda manga e conseguiu finalizar limpo, o que lle catapultou ao alto do podio.

Ler máis
Convocatoria de Axudas DGAN 2022

Convocatoria de Axudas DGAN 2022

10 Out, 2022

A Fundación Deporte Galego publicou o venres 07 de outubro no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2022, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2022”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Ler máis
Acordo Xunta Directiva para a ampliación temporal dos prazos de reforzo da vacina da influenza equina

Acordo Xunta Directiva para a ampliación temporal dos prazos de reforzo da vacina da influenza equina

27 Set, 2022

O pasado 9 de setembro foi recibida comunicación por parte da Federación Ecuestre Internacional sobre a decisión tomada polo seu Board de ampliar os intervalos de reforzo da vacina contra a influenza equina de 6 a 12 meses desde o 1 de outubro de 2022 ata o 1 de abril do 2023, debido aos problemas de subministración de Boehringer Ingelheim, produtor clave de vacinas contra a enfermidade. 

Ante iso, e polas mesmas causas, a Xunta Directiva da Real Federación Hípica Española, a proposta da Comisión Veterinaria da RFHE acordou na súa reunión do 26 de setembro de 2022, a suspensión durante o mesmo período de tempo dos efectos do artigo 2.3 “Requirimentos Vacinación Influenza Equina”, do Regulamento Veterinario da RFHE, autorizando temporalmente como último reforzo vacinal o realizado durante os últimos 12 meses. 

Ler máis

Boletín informativo

Suscribirse ao noso boletín para recibir novas importantes

Cookie settings
Configuración de cookies